Os Suevos
Os suevos foron unha tribo que veu de Alemaña a Hispania e se asentou na Galiza actual, conformando un reino característico para a época.
Non está claro entre os historiadores a que índole xermánica pertencían os suevos realmente, aínda que se considera que esta tribo proviña das beiras do río Elba, na actual Alemaña (incluso existe unha provincia chamada Suabia neste territorio), e tamén se cre que tiñan unha importancia notábel no grupo das numerosas tribos xermanas.
Historicamente, os suevos cruzaron o Rin no ano 406 xunto aos vándalos e os alanos e internáronse en pleno territorio romano nas Galias. Posteriormente dirixíronse a Hispania. O Imperio Romano, non podendo facer nada, decidiu repartir as provincias do territorio entre os bárbaros, tocándolles en sorte Galiza aos suevos.
Estes, ao contrario que as demais tribos bárbaras, interrelacionáronse cos habitantes do lugar. Así, mentras as outras tribos explotaban parasitariamente as poboacións que dominaban, os suevos, en cambio, por instigación do seu rei Hermerico, traballaron en iguais condicións que os galaicorromanos. Como di o historiador galego Orosio, desta época, “cambiaron as espadas e as lanzas por apeiros de labranza”.
No entanto, os suevos posteriormente atacarían e dominarían máis territorios fóra da Galiza (que nesa época chegaba até o Douro, e tiña capital en Braga), e galaicos e suevos identificaríanse coma un pobo conxunto cun destino común: unificar toda a Península baixo o reino suevo.
Á política relativamente pacífica de Hermerico sucedería a política guerreira e militar do seu fillo Reckila, que dominaría toda a Península, agás as actuais Cataluña e Aragón, en poder romano, e que faría chegar á capital enormes tributos e impostos das zonas dominadas.
O seu sucesor e fillo, Reckiario, adoptou o catolicismo e acuñou moeda propia, establecéndose a completa identificación común entre suevos e galaicos. Intentou unificar Hispania, pero perdeu contra visigodos e romanos. Os primeiros arrasaron a capital, Braga, e estableceron unha especie de protectorado sobre o territorio.
Pero suevos e galaicos estaban tan compenetrados entre si, que lles foi imposíbel aos godos dominalos. Recuperarían pouco despois da derrota o seu estatus de reino, para perdelo de novo, na práctica, contra os visigodos. En consecuencia arrastrarían un século de existencia baixo o seu dominio, denominado período escuro, até que un rei suevo, Teodomiro, lle devolvería o seu antigo esplendor.
O fillo de Teodomiro, Mirón, mesmo chegaría a atacar os visigodos, sendo derrotado nas beiras do Río Órbigo(León). Pouco despois, o rei visigodo Leovixildo, a raíz dunha loita sucesoria, unificaría a Península facéndose co control do reino suevo, pero iso si, quedándose co título de Rei dos Suevos e dos Visigodos, demostrando este exemplo que a constancia dunha entidade diferenciada na península seguiu vixente, e así sería até a invasión árabe, un século despois, e a aparición, coa Reconquista, dunha cultura e língua diferenciadas que se tiñan iniciado na época nosa denominada período Suevo.
Rafael Traficante Fernández
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario